Hoxe os meus chicos non navegaron.

volvo
Mentres escoltaba a retrasmisión da regata In-Port Portsmouth, a oitava parada da Volvo Ocean Race, na paxina web púxenme a revisar o meu recentemente ordeado arquivo. Buscaba as fotos que sacara cando estivera navegando co equipo Movistar. O barco no que eu navegara e no que ista xente estaba a piques de rematar a volta o mundo probablemente este agora apoiado no fondo do océano Atlántico, a unhas 350 millas náuticas da costa británica. O Galicia, nome co que foi rebautizado o barco Movistar, tivo problemas dende que saíu do porto de Vigo. Problemas na quilla pivotante que non deberon quedar moi ben solucionadas xa en que en Tierra de Fuego case van a pique, e agora, inda que non se da por afundido oficialmente, no é moi probable que un cascaron de fibra de carbono, con unha vía de auga, ventos de 50 nos e olas de 6m dure unha sema, así, el soliño. Así que a tripulación en terra, san e salva, e o barco o fondo.

 

Pero isto faime pensar. Estaba a buscar unha foto para actualizar o meu fotolog e adicarllo a tripulación do Movistar lembreime de Hans Horrevoets, tripulante do Abn Amro Two que morreu días antes de que o barco español fora a piques. E lémbrome tamén do Dinish e dos tres tripulantes mortos. Pero para escribir isto tiven que ir a internet e buscar a noticia, xa que nin me lembraba do nome nin do numero de mortes. Pero da volvo no me perdía nada. Entón ven ista sensación de egoísmo.

 

Pero é inevitable. O que temos preto sentímolo mais, e preto non ten por quedar eiqui o lado. Si que é verdade que eu estiben no barco, que incluso saudase a Pepe Ribes cando me cruzaba con el en Sanxenxo, e que Bouwe Bekking, patrón do Movistar me preguntase “How’s going” cando se dirixía a subires o barco en Vigo (how is going? e a min mo preguntas, ti? que te vas a pasar un mes metido nun cascaron?), si que é verdade que o sentín mais de preto. Pero tamén sentín moi de preto cando asasinaron a Couso no hotel Palestina, e non o coñecía, de feito nin tan sequera sabia que era galego ata que o mataron. Pero ise día non fun a clase e quedeime pegado diante da tele facendo zaping para saber que pasara. Ata que non dicían mais e corrín a por unha conexión a internet. E eu a ise home non o vira na vida, nin sabia del. E non é por cuestións nacionais, que Taras Protsiuk era Ucraniano. Pero eran cámaras. Por que ise mesmo día mataron a un xornalista de Al.-Yazira, e nin me lembro do nome, e días antes a Anguita Parrado. E non é que me dea igual. Pero non foi o mesmo. Couso e Taras eran cámaras. E sentino mais preto. E eu son fotógrafo, tampouco somos do mesmo sector. Incluso na rúa e nas rodas de prensa sempre soe haber algún cámara que te incordia, e neses momentos te cagas neses tíos de trípodes grandes e que protestan por que sempre estas diante e te dan “culatazos” coa batería da cámara.

 

Pero logo cólleslle mais cariño. Como os chicos do Movistar, que hoxe viron a regata dende unha motora mentres os seus rivais de regata e compañeiros de aventura pelexaban con rachas de 35 nos. E a min dáme pena, e gustaríame dicirlles “animo chavales”. E iso por que perderon un xoguete que custou case 1 millón de euros. E penso cantas cousas poderían facer con ise millón de euros. E que ise millón de euros púxoo Movistar, Iberia e Pascual, tres empresas as que lle teño especial rabia. E que o sacaron de todo o que me rouban nas facturas de móbil, nos viaxes en turista sen nin sequera darte os bos días, e na leite que mercan en Francia pra vender eiqui.

 

Pero inda así hoxe, coma onte e nantronte , abrín a páxina da Volvo Ocean Race e a do equipo español e busca de algunha información do dichosos barco. Será isto o fenómeno “fan”