Xornalismo e outras guerras

O do xornalismo deportivo e algo que, sobretodo nistes días de mundiais e patriotismo exacerbado non me acaba de cadrar.

Lembro unhas imaxes dalgún documental anti-Bush nas que se analizaba a reacción da “Prensa Libre” estadounidense na guerra de Irak. Nise documental mostrábanse conexións cos enviados especiais que as principais cadenas de televisión norteamericanas tiñan en Bagdag e outras dos propios estudios centrais. En todas elas o xornalistas “support our troops”.

“We hope the best for our soldiers”, “wi will, cos we are doing it, win this war”, “Our boys ar doing a great job”. E isto é xornalismo, xornalismo independente. Ha, vale.

E digo isto por que o outro día mentres escoitaba o partido España-Tunez (é non por vontade propia), non puiden evitar preguntarlle a /luneira (licenciada en xornalismo en apenas unhas horas) si na prensa deportiva iso da imparcialidade non facia falla.

E que cada vez que o comentarista de RNE dicía “tranquilos que esta partido lo ganamos” non podía evitar que me viñese a cabeza a imaxe de ise xornalista con chaleco antibalas e casco que facía xornalismo “independiente” mentres que detrás súa o ceo se iluminaba dun espectáculo de luces e morte.

5 Respostas to “Futbol, xornalismo e outras guerras”

  1. Milk dixo

    Oh! son so convencións..

    O xornalismo deportivo non é cuestión de neutralidade senon de paixón.

    O outro… é cuestión da defensa dos valores patrios (obligación nosa) e do que se consideren eses valores de defensa necesaria.

    E non creamos na obxectividade nunca

  2. Mrs Jones dixo

    Porque a obxectividade non existe, só existe o caos.

    As cousas non teñen unha esencia do que son, sabemos o que non son.

    Todo son diferencias.

    Blablabla.

  3. luneira dixo

    Si!
    Acabemos co Mundial!

    Por certo…abúrrome ¿Que se fai cando non tes nada que facer?

  4. Milk dixo

    Paco echa algo en falta…

  5. Milk dixo

    Odio insistirte constantemente, pero Paco echa de nuevo algo en falta…

Deixa un comentario